A Aula Castelao recibe o Premio Cidade de Pontevedra 2005

A Aula foi galardoada na modalidade de Persoa Xurídica por acordo unánime da Corporación pontevedresa.

O alcalde fixo entrega do Teucro de Prata e do Diploma ao remate do Pleno Extraordinario no Teatro Principal o 20 de xaneiro de 2006.

Miguel Fernández Lores salientou a unánime decisión do xurado na eleición dos premiados, aos que definiu como “referentes dunha maneira crítica e reflexiva de ver todo o que nos circunda [...] Pertencedes a esa pequena parte da humanidade dedicada a pescudar na profundidade das cousas, a perseguir os paraísos da verdade, a localizar a luz nun mundo que todas e todos quixésemos máis brillante, máis feliz, máis digno e en definitiva máis xusto”

O alcalde suliñou que o Cidade de Pontevedra supón, “con algo de retraso”, un recoñecimento ao seu labor realizado desde “o facho da filosofía, a independencia e o sentido crítico. A principal actividade da Aula, a súa Semana de Filosofía, é sen dúbida o acontecemento cultural máis importante do ano”.

O coordenador dá Aula, Fernando Pérez, en nome da Aula Castelao, agradeceu a distinción. Definiu o Aula como “un produto colectivo de Pontevedra”, que desde a súa fundación procura “anovación temática, pedagóxica e galeguizar o ensino”, e que segue contra o bloqueo a Cuba e tamén pedindo que Ence deixe a ría. Avogou por “converter as espadas en legóns”, recalcando que “a libertade e a honradez son valores supremos”. Reiterou o compromiso da Aula con Galiza e dixo que “a Educación é pasar dun pensamento inxenuo a un pensamento crítico”.

Fonte: Diario de Pontevedra