Ciclo de conferencias Educación e Cidadanía:
"A realidade migratoria"
O Vicerreitorado do Campus de Pontevedra e a Aula Castelao de Filosofía organizan unha serie de conferencias que baixo o título “A realidade migratoria” se van desenvolver os vindeiros 17, 18 e 19 de xaneiro de 2007.
Os relatorios, incluídos dentro do ciclo “Educación e cidadanía” que se vén desenvolvendo en Pontevedra desde hai 3 anos, terán lugar na Casa das campás a partir das 20.00 horas.
O 17 de xaneiro falará o Dr. Héctor Silveira, profesor titular de Filosofía do dereito da Universidade de Lleida e director do Observatorio do sistema penal e dereitos humanos, que disertará arredor do feito migratorio hoxe.
Na sesión do día 18, o director da Fundación FESGA, Manuel Mera, ofrecerá unha charla sobre emigración e inmigración en Galiza.
Migración: perspectivas de futuro
O ciclo fecharase cunha mesa redonda na que serán analizadas as perspectivas de futuro do fenómeno migratorio. Intervirán representantes da educación, da sanidade, do dereito e membros da comunidade inmigrante que tentarán ofrecer unha diversidade de puntos de vista sobre o fenómeno en cuestión.