MANIFESTO POR PALESTINA

A historia de Israel no século XX é unha historia de construción nacional e delimitación sanguenta dun novo estado en Palestina, o

estado de Israel, logo do despoxo e supresión do pobo , palestino, que habitaba dende sempre no seu territorio nacional . A

historia de Israel é a historia da dramática resistenza do pobo palestino a tan brutal despropósito .

O estado de Israel obtivo en 1948 o respaldo da ONU, ao recoñecerlles aos xudeus un territorio nacional propio (arrebatado ao pobo

palestino orixinario) que, por outra banda, era moito menor que o territorio que agora mesmo ocupa. Con aquela inxusta decisión

comeza o éxodo e o espolio de millóns de palestin@s, que continua hoxe. O Novo Estado de Israel, fundamentado no dogma sionista;

mente, invade, saquea, mata a miles de persoas e finalmente apodérase militarmente doutras localidades, alén das fronteiras

concedidas.

Agora mesmo, os gobernos de Israel e o primeiro ministro Ariel Sharon como directo responsábel, entre outros crimes de guerra, da

masacre nos campos de refuxiados de Sabra e Chatila (na que foron ferozmente asasinados miles de aldeáns palestin@s, metrallad@s,

degolad@s a machete, rematad@s @s agoniantes a culatazos); xa non se conforman con limitar o estado de Israel ás fronteiras

establecidas pola ONU en 1948 e 1967. Ambicionan Cisxordania, Xerusalén e Gaza; por máis que a este derradeiro minúsculo territorio

"acepten" convértilo nun toco sanguento palestino, rexido por unha "autoridade árabe", en realidade vasalla do Estado de Israel.

O pobo palestino loita desesperadamente para librarse da opresión intolerábel que sofre. Faino cunha coraxe inaudita. Un elemental

deber de solidariedade entre as persoas e os pobos de todo o mundo, esixe impoñer a tódolos gobernos do planeta -incluídos o

español e toda a UE- o recoñecemento do dereito do pobo palestino a defenderse da brutal ocupación e do espolio que padece, segundo

o establece expresamente a lexislación internacional e a de dereitos humanos. Esta situación chámanos a deter o crime de cotío sufrido

pola comunidade palestina, chámanos a deter a acción asasina dos sucesivos gobernos de Israel, esixíndolles cumprir as resolucións

da ONU sobre Palestina; retirándose de Cisxordania, Xerusalén e Gaza, derrubando o "muro da vergoña" e o horror, regresando ás

fronteiras do 67 e resolvendo o problema de millóns de refuxiad@s palestin@s, hoxe en diáspora. A maioría deles amontoad@s en

guetos de refuxiad@s, víctimas de tódalas pobrezas e humillac ións.