Ciclo: Educación e Cidadanía
Celébrase os días 25, 26 e 27 de xaneiro organizadas pola Aula Castelao e a Universidade de Vigo.
O filósofo e sociólogo Sami Naïr inaugura o martes día 25 as xornadas “Educación e Cidadanía”, organizadas pola Aula Castelao de Filosofía e a Universidade de Vigo. A avogada Doris Benegas e o filósofo, xurista e diplomático, Gonzalo Puente Ojea son algúns dos convidados a este encontro que terá lugar os días 25, 26 e 27 na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
A conferencia “Laicidade e Cidadanía” de Sami Naïr porá inicio ás xornadas que se prolongarán durante tres días en Pontevedra. A conferencia inaugural terá lugar o martes día 25 ás 20.00 horas na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, lugar e hora que o día seguinte acollerá a intervención de Doris Benegas que pronunciará o relatorio titulado “Relixión e Xénero”.
Manifesto a favor do laicismo
A terceira sesión do programa comezará o xoves día 27 ás 18:00 horas cunha mesa redonda na que Puente Ojea, Doris Benegas e coa participación da propia Aula Castelao farán público e debaterán arredor dun “Manifesto a favor do laicismo”. A mesa estará moderada polo filósofo Domingos A. García Fernández. Posteriormente, pechará estas xornadas a intervención de Gonzalo Puente Ojea que falará de “Laicismo e Democracia”.
Sami Naïr é filósofo e sociólogo. Profesor de Ciencias Políticas na Universidade de París VIII e profesor convidado da Carlos III de Madrid, Sami Naïr colabora nunha manchea de diarios entre os que se atopan Le Monde, Libération, El País ou Clarín. Dirixiu, xunto con Simone de Beauvoir, a revista “Les Temps Modernes” entre os anos 1978 e 1986.
O Primeiro Ministro francés, Lionel Jospin nomeouno Delegado interministerial ao codesenvolvemento e ás migracións internacionais. É tamén europarlamentario. Entre a súa ampla obra destacamos Le regard des vainqueurs, les enjeuxfrançais de l´immigration; Le différend méditerranéen, Politique de civilisation, L´inmigration expliquée à ma fille, ou os títulos traducidos ao español Mediterráneo hoy, Entre el diálogo y el rechazo; En el nombre de Dios, Las Heridas abiertas, El peaje de la vida, La inmigración explicada a mi hija, Una historia que no acaba ou El imperio frente a la diversidad del mundo.
Doris Benegas naceu en Caracas en 1951 filla de pai vasco exiliado republicano e nai venezolana. Licenciouse en dereito na Facultade de Sansebastian. Militante de esquerdas desde os 17 anos, incorporouse ao movimento feminista nos últimos anos da dictadura franquista, realizando diversos traballos contra a discriminación xurídica das mulleres. Participou nos anos setenta nas loitas obreiras como traballadora da empresa Fasa Renault asentada en Valladolid.
Represaliada en numerosas ocasións, sufriu varias detencións e unha condea por efectuar pintadas polo dereito ao aborto. Interviu como defensora de mulleres xulgadas por abortar en 1983 e como acusadora en procesos como o da colza en representaciónd e 1.500 víctimas en un recente caso de pederastia ocurrido nunha gardería de Valladolid. No 1979 o seu despacho profisional de Valladolid foi incenciado por fascistas nun atentado no que morreron un veciño e unha veciña.
Doris Benegas foi ponente no 10º Congreso de Mujeres Abogadas de 1996 sobre “O Novo Código Penal e a Protección dos Dereitos da Mulleres”. Participa como militante en “Izquierda Castellana” e no Colectivo feminista “Mujeres Castellanas”. Foi fundadora da Agrupación de Mulleres Abogadas do Colexio de Abogados de Valladolid e da Asociación de Asistencia a Víctimas de Agresións Sexuais e Malos Tratos de Valladolid. Participou na Coordinadora Europea da Marcha de Mulleres.
Gonzalo Puente Ojea naceu na Habana, aínda que viviu en España xa desde a primeira infancia. É licenciado en dereito, filósofo, xurista e diplomático de carreira. Despois de ser subsecretario do Mº de Asuntos Exteriores, exerceu de embaixador de España diante do Vaticano entre 1985 e 1987. Presidente honorario da asociación Europa Laica, é coasinante do manifesto ”Por unha sociedade laica. A relixión fóra da escola”.
Prestixioso experto en temas históricos e relixiosos, ten impartido numerosas conferencias en universidades, ateneos e outras institucións, tanto en España como no estranxeiro. A destacarmos, como pontevedreses, a súa conferencia sobre “Igrexa e Poder” dictada en abril de 1989 no Congreso Internacional `VI Semana Galega de Filosofía na nosa cidade.
Ademais de innumerables artigos en xornais e revistas especializadas, entre os seus libros podemos destacar, desde 1955, Ideología e historia: el fenómeno estoico en la sociedad antigua e Ideología e historia: la formación del cristianismo como fenómeno ideológico, ambas de 1974. Fe cristiana, Iglesia y Poder de 1991 y os controvertidos libros Elogio del ateísmo (1995) e El mito del alma de 2000.
Intelectual crítico de todo poder mítico, catequético e mediático. Unha longa vida prestixiada no desenmascaramento do dogmatismo na sociedade e na escola e a prol dunha sociedade humanista, xusta, científica e defensora dos valores universais da igualdade e da solidariedade.
Sirvan dous datos para rematar: Solamente nun dos buscadores da Internet podemos encontrar máis de mil referencias a don Gonzalo Puente Ojea, quen , en México D. F., no vindeiro mes de abril inaugurará coa súa ponencia o Congreso Internacional “Hombre y Mundo. El futuro de la religión”.