• SOLICITUDE DE COMUNICACIÓNS PARA A XXXIII SGF Dende a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciarvos a vindeira celebración en Pontevedra da XXXIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 28 de marzo e 1 de abril de 2016, co título de: Filosofía e Política Como en ocasións anteriores, solicitamos o envío de COMUNICACIÓNS relacionadas coa temática mencionada, que serán publicadas nas datas de celebración da SGF, con vistas á ampliación e enriquecemento das posibilidades de debate. As condicións que teñen que cumprir as comunicacións son as seguintes: – Ter unha relación clara co tema da XXXIII SGF. – Estaren escritas en galego. – Non sobrepasar as 300 liñas. – Nunha folla á parte: título, nome das autoras e autores, enderezo, teléfono e correo electrónico se o tiver. – Como inicio da comunicación: título, autoras e autores e enderezo ou correo electrónico para facer público. No caso que non se cumpran as devanditas condicións, así como uns requisitos mínimos de argumentación, análise e pertinencia, as comunicacións serán rexeitadas. As comunicacións deben ser remitidas por correo electrónico enviando o documento como ficheiro ...
  • XXXII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E SEXUALIDADE” Entre os días 6 e 10 de abril de 2015 celebrouse no Teatro Principal de Pontevedra a XXXII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA co título de: Filosofía e Sexualidade. Programa: Mañá: REFLEXIÓN FILOSÓFICA SOBRE A SEXUALIDADE. Este eixo desenvolverá os relatorios de maior contido e peso académico. Abrirá o debate o Profesor Efigenio Amezúa da Universidade de Alcalá, máximo expoñente da Sexoloxía en España e editor da Revista Española de Sexología. Estarán con el na reflexión José Antonio Nieto Piñeroba, Belén Castellanos Rodríguez, Elvira Burgos e Araceli Fuentes García-Romero. Tarde: A SEXUALIDADE VISTA DENDE GALICIA. Un “ollar o escenario galego” articula as conferencias da tarde. Concentrará a súa atención en Galicia recorrendo cunha visión histórica o camiño que nos trae dende os mitos e tabús ancestrais, atravesando os feminismos e os actuais movementos LGBT até outras comprensións máis disidentes da sexualidade. Ilustrarán este ámbito Xosé Luis Garrosa Gude, Laura Bugalho, José López Riopedre, Ofelia Rey ...
  • SOLICITUDE DE COMUNICACIÓNS PARA A XXXII SGF Desde a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciarvos a vindeira celebración en Pontevedra da XXXII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 6 e 10 de abril de 2015, co título de: Filosofía e Sexualidade Como en ocasións anteriores, solicitamos o envío de COMUNICACIÓNS relacionadas coa temática mencionada, que serán publicadas nas datas de celebración da SGF, con vistas á ampliación e enriquecemento das posibilidades de debate. As condicións que teñen que cumprir as comunicacións son as seguintes: – Ter unha relación clara co tema da XXXII SGF. – Estaren escritas en galego. – Non sobrepasar as 300 liñas. – Nunha folla á parte: título, nome das autoras, enderezo, teléfono e correo electrónico se o tiver. – Como inicio da comunicación: título, autoras e enderezo ou correo electrónico para facer público. No caso que non se cumpran as devanditas condicións, así como uns requisitos mínimos de argumentación, análise e pertinencia, as comunicacións serán rexeitadas. As comunicacións deben ser remitidas por correo electrónico enviando o documento como ficheiro adxunto ao enderezo: aula@aulacastelao.com A ...